Resultado: Bueu, 3 -, Bodegón Anchoa, 2;
BODEGÓN ANCHOA. Quino, Aitor, Miguel, Santi, Mane. Tamén xogaron: Marco, Pana, Dudo, Mario.
Goles: 1-0. Mara (bueu); 2-0. Edu (Bueu); 2-1. Mane. 3-1. Mara (Bueu); (descanso); 3-2. Dudo.
Árbitros: Daniel Dacal Deza (Vigo) e Ismael Sotelino Fernandez (Vigo). Mal, moi caseiros.
Asistencia: Sobre 100 espectadores.
Bo partido o xogado polos xogadores fisterráns en Bueu. Desde o comenzo do partido as ocasións máis claras foron para os visitantes, sobre todo dúas de Aitor e de Mané que despois de regatear o porteiro fallou a portería vacía o que podia ser o 0-1.
Así transcurría o partido ata que o Bueu aproveitou unha contra e facía o 1-0. Pasados 2 minutos o Bodegón encaixaba o 2-0, nos habituais minutos de páxara do equipo. A falta de 3 minutos Mané lograba o 2-1, e os fisterráns volvían meterse no partido, pero a 50 segundos para o remate da primeira parte un regalo incomprensible en defensa facía que se chegara o remate do mesmo co resultado de 3-1.
A segunda parte transcurre sen un dominador claro por parte de ningún dos dous equipos, e as ocasións escasearon. Pero sería Dudo o que aproveitaria nun lanzamiento de falta coa colaboración do porteiro local para poñer o marcador 3-2.
A falla de 1.30 o Bodegón sacou porteiro-xogador e Miguel a faltando 20 segundos tivo o empate nos seus pés pero non foi capaz de rematar cara a portería visitante, un tiro lexano de Aitor a falla de 6 segundos tampoco daria os seus froitos, e o marcador xa non se movería.
O FS Fisterra continúa sen moita sorte fóra da casa, con 4 partidos e 4 derrotas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
blog alajua
era bo ke se fixera una pagina e non estecutriflog ke nin fotos nin sekera se actualiza
si non che gusta non o mires, e fai ti unha pagina, muito falar...
Publicar un comentario