martes, 24 de febrero de 2009

Victoria importantisima no campo do Porteño.

O equipo senior do Futbol conseguiu unha importantisima victoria de cara a conseguir manterse na 2ª rexional, unha victoria lograda no tempo de desconto gracias a un gol de José, o resultado foi de 2-3.

O resultado ó descanso era de 2-0, pero na volta dos vestiarios no minuto 47 Manuel conseguia acortalas distancias despois de rematar unha falta no segundo pao. Tiveron que pasar 23 minutos para que Huete, despois de tocar nun defensa conseguirá empatalo encontro.
12 minutos despois José conseguia darnos a victoria, e conseguir 3 puntos que axudan a afastarnos un pouco dos postos directos de descenso.

viernes, 2 de enero de 2009

Feliz ano 2009

Feliz ano 2009!

Debido a vacacions, o mes de Decembro estivo o blog sen actualizar, a partir de esta semana retomamos o ritmo habitual.

Outra vez feliz ano.

miércoles, 3 de diciembre de 2008

cambio de horario nos cadetes do futbol

O partido Fisterra - Cee de categoria cadete xogarase o próximo luns día 8 de decembro ás 16:00 horas no campo municipal do Arasolis.

Partido Bodegon Anchoa da fin de semana pasada.

A fin de semana pasada e cando o equipo de futbol sala Bodegon Anchoa estaba en camiño do Barco de Valdeorras, decidiron dar volta por mor do mal tempo, habia neve polo cammiño e por mor a quedar atrapados, tomaron esta decision despois de comunicarlla a federación e ó outro equipo.

Estamos a espera de que a federación dicte a data a disputalo partido.

martes, 2 de diciembre de 2008

Empate in extremis contra o Corcubión.

Un gol no tempo mais que engadido de Disiclin serviu para anotarse un punto os maiores do futbol.
O partido xogabase nun campo desastroso, e mesmo o Corcubión pediu aplázalo partido, pero os locais dixeron que non, debía ser que era o día do club …
O partido comenzou moi mal,cando Jose María, un dos xogadores fisterrans que militan no Corcubión , aproveitou un rexeite dun corner para anotalo primeiro tanto.
O campo estaba moi embarrado, e nese estado desaproveitabanse as cualidades técnicas do noso centro do campo formado, por Roco, Rivas, Marco, Rodri e Luisito, todos eles dotados dunha gran técnica, na defensa xogaban Huete, Mani, Chula e Munitis, na portería Perlon e na punta o capitán Manuel.

DEspois de descontados case 10 minutos o partido remataba cun empate a 1 que non sirve de moito para sair da zona baixa, pero despois do visto no campo de futbol sabe ben, pois non merecemos moito mais.

Esperemos que no próximo encontró podamos conseguir 3 puntos.

jueves, 27 de noviembre de 2008

Parte de sancions

Comenzamos aqui un apartado novo, o parte de sancions, no que informaremos dos xogadores, tecnicos ou demais sancions que teñan que ver con deportes fisterran, tanto para nos como para os equipos contra os que nos enfrontaremos nesa semana.

Maiores do futbol:

Fisterra: Xusto (1 partido)
Corcubión: Mario e Penedo (1 partido).

Xuvenis:

Cee: Juan Cambeiro, colaborador. (1 partido).

Cadetes:

Sen sancionados nos dous equipos.

Futbol sala:

Bodegon Anchoa:

Juan Jesus, entrenador (Doble amarilla, non acarrea sanción).

Alvaro Rodriguez:

Sen sancionados nos dous equipos.

Pub Titanic:

Sen sancionados nos dous equipos.

martes, 25 de noviembre de 2008

Importante victoria dos xuvenis do futbol no campo do Muxia

Importantisima victoria dos xuvenis dirixidos por Diego Lobelos no campo do Muxia, un campo no que costará sacalos puntos, cun equipo correoso.

O gol dos visitantes marcouno Tano nos ultimos instantes do encontro, con Pirri lesionado e con insua convocado cos Maiores.

A vindeira semana os xuvenis xogan un partido decisivo contra o Union club Cee en Fisterra, un Cee que esta situado nos postos altos da clasificacion e claro aspirante xunto co noso equipo e a Esteirana para gañala liga, se queremos ser campions temos que gañar este sábado.

O encontro xogarase o vindeiro sabado as 16:15.