martes, 28 de octubre de 2008

Cronica do Bodegon Anchoa en www.quepasanacosta.com

Resultado: Bueu, 3 -, Bodegón Anchoa, 2;
BODEGÓN ANCHOA. Quino, Aitor, Miguel, Santi, Mane. Tamén xogaron: Marco, Pana, Dudo, Mario.
Goles: 1-0. Mara (bueu); 2-0. Edu (Bueu); 2-1. Mane. 3-1. Mara (Bueu); (descanso); 3-2. Dudo.
Árbitros: Daniel Dacal Deza (Vigo) e Ismael Sotelino Fernandez (Vigo). Mal, moi caseiros.
Asistencia: Sobre 100 espectadores.
Bo partido o xogado polos xogadores fisterráns en Bueu. Desde o comenzo do partido as ocasións máis claras foron para os visitantes, sobre todo dúas de Aitor e de Mané que despois de regatear o porteiro fallou a portería vacía o que podia ser o 0-1.
Así transcurría o partido ata que o Bueu aproveitou unha contra e facía o 1-0. Pasados 2 minutos o Bodegón encaixaba o 2-0, nos habituais minutos de páxara do equipo. A falta de 3 minutos Mané lograba o 2-1, e os fisterráns volvían meterse no partido, pero a 50 segundos para o remate da primeira parte un regalo incomprensible en defensa facía que se chegara o remate do mesmo co resultado de 3-1.
A segunda parte transcurre sen un dominador claro por parte de ningún dos dous equipos, e as ocasións escasearon. Pero sería Dudo o que aproveitaria nun lanzamiento de falta coa colaboración do porteiro local para poñer o marcador 3-2.
A falla de 1.30 o Bodegón sacou porteiro-xogador e Miguel a faltando 20 segundos tivo o empate nos seus pés pero non foi capaz de rematar cara a portería visitante, un tiro lexano de Aitor a falla de 6 segundos tampoco daria os seus froitos, e o marcador xa non se movería.
O FS Fisterra continúa sen moita sorte fóra da casa, con 4 partidos e 4 derrotas.

lunes, 27 de octubre de 2008

Nova xornada agridulce

Este fin de semana deixounosresultados agridulces, dos 6 partidos disputados polos nosos equipos, o resultado foi 2 victoria, 2 empate e 2 derrotas.
As victorias chegaron da man do equipo xuvenil do futbol que conseguiu gañar por 0-7 no campo do Monte Louro, con esta victoria o equipo conseguiu auparse o liderato da clasificación, o vindeiro sábado ten un importante encontró contra o Santa Comba no Arasolis, un dos equipos candidatos o titulo.

A outra victoria ven da man do Pub Titanic F.S.Fisterra na casa da Pontenova por 3-7, con esta victoria os cadetes colocanse4 con puntos na 5ªposición da taboa.
Os empates chegaron dos cadetes do futbol que conseguiron empatar a 2 no campo do Baio e dos maiores que empataron no campo do Malpica nun partido sen goles.

As derrotas protagonizaronas os equipos senior do futbol sala o equipo Ventanas Alvarez que perderon cun resultado 6-1 en Oleiros contra o Pub Libertad con este resultado situase no decimo posto con 0 puntos, e do Bodegon Anchoa que perderon no campo do Bueu situase 10 con 9 puntos 28 goles a favor e 29 en contra.

miércoles, 15 de octubre de 2008

Fin de semana agridulce.

A pasada fin de semana tivo un sabor un tanto agridulce, pois o balance foi de unha victoria, un empate e 3 derrotas.

A victoria ven da man do equipo dos maiores do futbol que foi capaz de gañar no campo do Sofan gracias a un gol de Manuel.

Os maiores xogaron con Perlon, Falito, Chula, Manin, Xusto, Bebeto, Rivas, Marco, Manuel, Roco e Luisito.
Tamen xogaron Jose, Sergio e Munitis.
Neste partido foi expulsado Marco que non poderá xogar contra o Xallas.

O empate chegou da man dos cadetes do futbol sala que empataron no pabellon municipal de Fisterra a 4 contra o Lobelle.

As derrotas chegaron pola parte do Bodegon Anchoa no seu desplazamento a Portonovo cun 7-2, do equipo filial do futbol sala que debutaba na categoria provincial contra o Ponteceso, disputando o partido no Barrio das flores da Coruña 2-1. E os xuvenis do futbol que perderon no campo da Esteirana por 1-0.

Esperemos que este fin de semana teñamos mais resultados positivos.

lunes, 6 de octubre de 2008

Taboa de goleadores do futbol sala.


Cronica dos partidos da fin de semana.

O balance desta fin de semana foi positivo, os equipos fisterrans colleitaron 3 victorias por unha derrota, curiosamente as 3 victorias veñen nos partidos xogados na casa.

As victorias veñen da man dos xuvenis do futbol que gañaro na sua estrea nesta tempada, o equipo de Diego gañou por 3-1 ó Corcubión, por parte do noso equipo marcaron Eddy por partida doble, o primeiro de penalti e o segundo cunha gran xogada persoal, e Pirri, por parte do Corcubión marcou Xavi. Esperemos que esta sea a primeira dunha gran racha de victorias.

A segunda victoria viu do Bodegon Anchoa que gañou no pavillon ó Esteo, o equipo das Pontes viña de gañalo todo e encontrouse cun equipo local que aupado pola sua afeccion conseguiu a segunda victoria da tempada, por parte local xogaron: Quino, Marco, Mario, Santi, Aitor, Miguel, Dudo, Mane e Pana. Estaban convocados pero non xogaron os porteiros Rafa e Didier.
Os goleadores foron Miguel (3), Dudo(2), Aitor e Mane.

A terceira victoria viu do equipo dos maiores do futbol, que xogaron con Perlon, Falito, Mani, Xusto, Kotte, Marco, Rivas, Roco, Huete, Luisito e José, tamen xogaron Sergio, Chula, Munitis.
Os goles chegaron por parte de Luisito de xogada persoal, e Marco logo dunha gran recuperación de José que pasoulle o balon para marcar sen porteiro.

A derrota chegou da man dos cadetes do futbol sala, que no seu primeiro partido desta tempada perderon en Burela por un apretado 2-1.

miércoles, 1 de octubre de 2008

Horario do partido de futbol sala.

O horario do partido deste sabado contra O Esteo será as 18:30, o partido disputarase no pavillon municipal.