lunes, 6 de octubre de 2008

Cronica dos partidos da fin de semana.

O balance desta fin de semana foi positivo, os equipos fisterrans colleitaron 3 victorias por unha derrota, curiosamente as 3 victorias veñen nos partidos xogados na casa.

As victorias veñen da man dos xuvenis do futbol que gañaro na sua estrea nesta tempada, o equipo de Diego gañou por 3-1 ó Corcubión, por parte do noso equipo marcaron Eddy por partida doble, o primeiro de penalti e o segundo cunha gran xogada persoal, e Pirri, por parte do Corcubión marcou Xavi. Esperemos que esta sea a primeira dunha gran racha de victorias.

A segunda victoria viu do Bodegon Anchoa que gañou no pavillon ó Esteo, o equipo das Pontes viña de gañalo todo e encontrouse cun equipo local que aupado pola sua afeccion conseguiu a segunda victoria da tempada, por parte local xogaron: Quino, Marco, Mario, Santi, Aitor, Miguel, Dudo, Mane e Pana. Estaban convocados pero non xogaron os porteiros Rafa e Didier.
Os goleadores foron Miguel (3), Dudo(2), Aitor e Mane.

A terceira victoria viu do equipo dos maiores do futbol, que xogaron con Perlon, Falito, Mani, Xusto, Kotte, Marco, Rivas, Roco, Huete, Luisito e José, tamen xogaron Sergio, Chula, Munitis.
Os goles chegaron por parte de Luisito de xogada persoal, e Marco logo dunha gran recuperación de José que pasoulle o balon para marcar sen porteiro.

A derrota chegou da man dos cadetes do futbol sala, que no seu primeiro partido desta tempada perderon en Burela por un apretado 2-1.

No hay comentarios: